
Dada de alta no correspondente rexistro con data 17.10.1995.
Asociación de carácter cultural que ten como fins principais a recuperación e o ensino da música e o baile tradicional galego.
Conta con grupo de baile rexional, rondalla e grupo de música con gaiteiros.
Desde a asociación impártense clases de música, baile e canto.
Participa nos itinerarios culturais e leva a cabo actuacións por toda a xeografía galega e mesmo por outras comunidades.
Participa en encontros culturais variados e organiza anualmente un encontro cultural, na localidade de Baralla, no que participan grupos de baile rexional de moi diversa procedencia.
O seu enderezo é: Asociación cultural "Airiños do Neira" Rúa Irmáns Díaz Moreno s/n.

Volta a Asociacións
|