CONCELLO

A casa do Concello está na capitalidade do municipio, foi construída no ano 1954.
Nela están instalados os servicios administrativos que presta o concello, a súa descrición externa é a seguinte:
É un edificio tradicional con dúas plantas, semisótano, cuberta inclinada e o seu acceso realizase a través dunha pequena escalinata que eleva o soportal dianteiro.
Na fachada destaca a gran terraza saínte, con balaustres e barandilla, que ocupa a case totalidade do fronte, apoiada en pilastras e arcos de medio punto. Nas esquinas desta terraza aparecen pedestais con bolas. O acceso ao balcón faise mediante dúas portas recercadas encima das que se encontra o escudo municipal, e a un nivel máis elevado, nunha pequena torreta, o reloxo.
Esta torre presenta unha cuberta con un aleiro bastante grande sostido por pequenas ménsulas. A mán esquerda e dereita dous volumes levemente saintes, marcan o resto da composición, na que se encontran sendas ventás na planta de piso e baixa, recercadas. Todo o edificio, agás os citados recercados, liñas de forxado, porche de entrada e zócalo, está enfoscado e pintado.
No seu interior a casa do concello conta, na planta baixa, con salón de plenos, dependencias do xulgado de paz, dependencias nas que presta servicios persoal da consellería de medio rural, despacho da asistente social e despacho do técnico local de emprego. Nesta planta tamén está o acceso para o arquivo situado no sótano.
Na planta alta están as dependencias administrativas de asuntos xerais así como os despachos do alcalde e da secretaría do concello e un acceso para o arquivo que está na última pranta baixo cuberta..

Concello Saúdo Corporación Municipal Resultados electorais
A casa do Concello Denominación
Os concellos de Neira de Xusá e Neira de Rei Escudo e Bandeira
|