Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Escudo de Baralla CONCELLO

   escudo e bandeira


Escudo de Baralla                                         Bandeira de Baralla

No D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) nº 76 do 18 de abril de 1996, publicouse o Decreto135/1996 do 29 de marzo polo que se aproban o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Baralla.

O Concello de Baralla considerou conveniente adoptar o seu escudo heráldico e maila bandeira para perpetuar, con simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica, os feitos máis relevantes e peculiares do seu pasado histórico.

O expediente instruíuse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e mais no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para a adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais.

O citado decreto establece no seu articulado o seguinte:

Artigo primeiro.-Aprobar o escudo heráldico do Concello de Baralla, que quedará organizado do seguinte xeito: De azur, e sobre ondas de prata e azur, un caldeiro de ouro sumado dunha cruz do mesmo e acompañado de catro torres de prata, aclaradas de azur. Ó timbre, coroa real pechada.

Artigo segundo.-Aprobar a bandeira do Concello de Baralla, que quedará organizada do seguinte xeito: Sobre pano azul, un caldeiro de amarelo, sumado dunha cruz do mesmo e acompañado de catro torres brancas dispostas nos cantóns.

Esta publicación remataba un proceso que se iniciaba coa aprobación no pleno extraordinario celebrado o día 28 de novembro de 1995, no que se adoptou o acordo de aprobar a proposta da Comisión de Heráldica.

A proposta da Comisión de Heráldica tivo en conta as circunstancias históricas e xeográficas do noso Concello.

O motivo fundamental no campo do escudo é unha alusión ao liñaxe dos Neira, importante e antiga estirpe que xurdiu dentro deste termo municipal e que no seu pasado histórico tivo unha presencia destacada. Xunto con esta primeira alusión considerouse oportuno recordar, tamén, o importante conxunto de torres, pazos e casas grandes que outras estirpes non menos destacadas que aquela levantaron en distintos puntos da xeografía municipal. Así, entre as que aínda se conservan, as casas e torres de Basille, Piñeira e Vilameixe, os pazos de Aranza, Espiña...

A tales motivos, xustificados e suficientemente expresivos por si solos, compre engadir como complemento unha alusión ao río Neira, que cruza de Norte a Sur o termo municipal.

O escudo e bandeira do Concello, organizáronse con esas representacións simples e expresivas a vez do seu pasado histórico e da súa realidade actual. Algo, suficientemente representativo e convenientemente sinxelo, fundamentais esixencias da mellor tradición heráldica.

Concello   Saúdo   Corporación Municipal   Resultados electorais

   A casa do Concello   Denominación 

  Os concellos de Neira de Xusá e Neira de Rei   Escudo e Bandeira


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer