|
| BANDAS DE MÚSICA NO NOSO CONCELLORecolle Enrique Iglesias Alvarellos no seu libro BANDAS DE MÚSICA DE GALICIA, a existencia de tres bandas de música no noso concello no período que vai desde 1890 ata a actualidade. A primeira da que da noticias no libro citado é a BANDA DE GUIMAREI: nace en 1890. O seu primeiro director foi Francisco Rey a quen sucedería Francisco Verdial con quen a banda desaparece en 1949. Amenizaban as festas en Navia, Córneas, Baralla, Doncos… Cantaban a misa de Angelis e a de Perosi, a duas voces. Tódalas romerias empezabanas co pasodobre “Napoleón”, despois jotas e muiñeiras. A seguinte banda da que fala o libro de Alvarellos é a de PENARRUBIA, non durou máis aló de catro anos, dise que caeu en picado polo mal comportamento que tiveron os seus componentes.Narranse as desavenencias co cura da parroquia, Don Emilio. O fundador e primeiro director foi Serafín de Castrolanzán, despois tiveron de director a Manuel de Vilapedre. A última banda que aparece no libro é a de VILACHÁ DE PEDRAFITA que se crea en 1920, xusto cando desaparece a de Penarrubia, durou ata 1936. Organizouna Serafín de Castrolanzán que chegou a ser ben considerado xa non só como profesional reloxeiro e pirotécnico senón tamén como bon músico. Afinaba, arranxaba e fabricaba instrumentos ademais de ser bo gaiteiro.Cantaban a misa de Angelis e a de Segundo Tono. Despois de Serafín tomou a batuta José Fernández López que tocaba o clarinete que foi o último director e que estaba sempre pendente de que todos e cada un usara debidamente o uniforme. Feiras e festas Datas feiras Datas festas O Santo
|
|