Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

HISTORIA - OUTRAS VÍAS DE COMUNICACIÓN:

Podemos facer referencia a outras vías que pasaban polo noso concello, por Acivido e Constantin.

Por Acivido pasaba probablemente un atalla á via Lucus Astúrica, que máis tarde foi utilizado como atallo ao camiño francés cara a Compostela.

Murguia relacionou cos fenicios ou cartaxineses os restos dunha calzada que pasaba pola Serra de Constantin. Recollemos o texto publicado por Antonio Correa Fernández na súa obra  “Historia Fin de Siglo, Descripción histórico-geográfica de la provincia de Lugo, con las biografias de sus habitantes e hijos más notables en el último año del siglo XIX”:

Os restos da via denominada cartaxinesa conservanse no sitio de Constantin. Entre o lugar de Campo de Arbol e Baralla vense os seus restos hacia a parte superior da actual estrada xeral que pasa a Castilla. O que hai de notable é que se advirten asimesmo montóns de pedras rodadas, que puideran crerse restos de lavadoiros de ouro , e que unhas cantas casas situadas no punto no que dito camiño desemboca na estrada, levan o significativo nome de Calle del Sol. Suponse que dita calzada viña da parte de Castilla, pasaba Campo de Arbol e baixaba pola cúspide case da serra de Constantin. Continuaba: no día (1901) non se coñece mais que algo da caixa, por ter aproveitado o material na nova estrada.

O camiño Real de Carlos III aínda é hoxe visible nalgúns tramos do camiño que de Constantín vai a Campo de Árbol.

Volta a Historia

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer