Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Arquitectura Relixiosa - A capela da santa cruz

Antes igrexa parroquial de san Pedro de santa cruz do Picato, está sita no camiño que de Sobrado vai cara a aldea de Recesende.

Nela aínda permanece o ábside románico, máis pequeno cá nave e un pouco máis baixo. Posúe unha sinxela cornixa con canzorras cortados a bisel.

Contén un arco trunfal con dúas arquivoltas de arista derriba de pilastras con impostas sen decoración.

A cachotería é de lousa, e contén, asi mesmo, un retablo coa Virxe e neno, coroados en madeira, un san Pedro - o titular da parroquia - e un santo Antonio.

Este templo funde as súas orixes no século XII.

Volta a Arquitectura Relixiosa   Volta a turismo

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer