Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Arquitectura Relixiosa - San Pedro de Santa Cruz do Picato

A igrexa parroquial érguese no poboado de Sobrado do Picato, sendo a súa fábrica moderna.

Contén nave a dúas augas con cubrición de tella superposta derriba de cemento.

O fronte leva unha porta de arco, con óculo e espadana de doas troneiras e dúas campás.

O presbiterio máis amplo e elevado que a nave, cuberto a catro augas, cun arco trunfal de cemento. A sancristía está na parte final do presbiterio, e a ela se accede por dúas portas laterais.
O granito ten presencia no templo nas partes nobres.

Posúe dous retablos barrocos, cada un con dúas columnas salomónicas, que acollen as imaxes de san Xosé, outro san Xosé, neno, san Xoán, santo Antonio e un san Miguel con cadea e dragón.

Contén tamén un sagrario con relevos variados: porta, Agnus Dei, corazón e anxos; contorno as imaxes de Xesús e María e vai coroado por anxos que adoran a Deus.

Hai na igrexa, asemade, un cáliz de prata coa base aplanada, e outra copa de misa coa base acampanada.

Igrexa de Sobrado do Picato


A capela da santa cruz, antes igrexa parroquial de san Pedro de santa cruz do Picato, está sita no camiño que de Sobrado vai cara a aldea de Recesende.

Nela aínda permanece o ábside románico, máis pequeno cá nave e un pouco máis baixo. Posúe unha sinxela cornixa con canzorras cortados a bisel.

Contén un arco trunfal con dúas arquivoltas de arista derriba de pilastras con impostas sen decoración.

A cachotería é de lousa, e contén, asi mesmo, un retablo coa Virxe e neno, coroados en madeira, un san Pedro - o titular da parroquia - e un santo Antonio.

Este templo funde as súas orixes no século XII.

Volta a Arquitectura Relixiosa   Volta a parroquias   Volta a turismo

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer