Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Arquitectura Relixiosa - San Pedro de Sixirei

Elévase a igrexa de Sixirei nun outeiro,ten adro-cemiterio adosado, posúe unha nave a dúas augas, de lousa sobre tres trabes tirantes.

O fronte ten unha porta en dintel cun pequeno oco e unha espadana de dúas troneiras (para as campás), coroada por un cimacio barroco de volutas.

A nave contén, no lateral norte, unha porta de dintel con grandes pedras de caliza, e un coro alto ós pés.

O presbiterio, máis reducido, ten bóveda de canón e arco de medio punto sen impostas, e por el accédese á sancristía.

O retablo maior ten tres fornelos e ático, coas imaxes de san Pedro (titular), santa e santo Antonio. O lateral norte, do período neoclásico, posúe ático con medallón alusivo á Trindade, en triángulo con nimbo solar, e acolle a imaxe da Virxe do Carme, con peaña de tres querubíns e coroa de madeira).

A ourivería de Sixirei conta con un cáliz de prata, xunto a unha caixa petitoria con releve das ánimas e a unha sinxela cruz parroquial.

Pía bautismal de San Pedro de Sixirei

Pía de bautizar con decoración de círculos e base octogonal de poutas.

San Pedro de Sixirei

Volta a Arquitectura Relixiosa   Volta a parroquias   Volta a turismo

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer