Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Arquitectura Relixiosa - Santiago de Aranza

Igrexa parroquial do século  XVIII, nave a dúas augas, cuberta de pizarra sobre madeira, con tres vigas tirantes.

Porta adintelada no frontal, espadana granítica dun vano, o resto da igrexa é de mampostería de pizarra revocada en cal.

Presbiterio máis amplo e elevado ca nave con unha cornixa acanalada, ó que se fai acceso por un arco de medio punto de granito, que ten impostas saíntes. Bóveda de canón. Sancristía na parte posterior do presbiterio, con acceso desde él.

Retablo Maior de Santiago de Aranza


O retablo maior, de trazado neoclásico, acolle ó santo titular caracterizado coma peregrino. Trátase dunha peza popular de Santiago, descalzo e cunha gran capa, do século XVI. No ático cruz de Santiago. Tamén están representados na iconografía de Aranza un san Roque e un san Francisco de Asís.

Retablo Lateral de Santiago de Aranza


O retablo do lateral sur é barroco de estípites. Contén un Cristo e unha Virxe con neno.

A mesa do altar ten a cruz de Santiago e cinco vieiras. Cáliz de prata, sinxelo.

Igrexa de Santiago de Aranza

Volta a Arquitectura Relixiosa    Volta a parroquias   Volta a turismo

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer