Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Arquitectura Relixiosa - San Xoán de Arroxo

A igrexa parroquial está erguida no poboado de Eirexe.

É dunha soa nave, cuberta a dúas augas sobre madeira con tres vigas tirantes. Frontal con porta de arco rebaixado, con espadana de tres ocos (para tres campás, dúas semellantes e unha máis pequena), baixo a que está un reloxo, característica distintiva do resto de igrexas parroquiais do concello, xa que o feito de posuír reloxo a diferencia notablemente (feito que incidira mesmo na creación dunha copla alusiva ó relo­xo), e a asemella, por exemplo, á de Penarrubia.

Presbiterio máis elevado e máis saínte no lateral norte, con arco triunfal de medio punto e teito de barrotes a catro planos, que recibe luz por dous ventanos en forma de óculo.

Conta cun retablo maior e dous laterais. O primeiro deles é de época neoclásica, con imaxes de escaiola. Os dous restantes, do santo Cristo o da esquerda e da Virxe, neogótico o da dereita, con dúas tallas do XVIII, Santa Lucia e  San Xosé.

Na sancristía, no lateral sur, baixa e a unha auga, hai dúas tallas policromadas do XVI, san Xoán e  san Roque.

No apartado de ourivería, hai que salientala existencia dunha copa de prata cicelada e dunha custodia solar, xunto a unha cruz procesional de metal.

Ten, ademais, unha pía bautismal popular e unha pía de auga bieita gallonada.

Igrexa de Arroxo

Volta a Arquitectura Relixiosa    Volta a parroquias   Volta a turismo

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer