|
| Arquitectura Relixiosa - San Xoán de Lexo
A poboación de Lexo posúe un típico conxunto formado pola igrexa parroquial e a casa de Eirexe, a carón dos terreos do igrexario.
A parroquial contén unha nave cuberta a dúas augas por medio de tres trabes tirantes. No sur, a sancristía, prolonga as augas de cubrición da nave.
A igrexa presenta o seu acceso por unha porta en arco, sen impostas, no que, ó lateral sur, se desenvolve unha torre cadrada, de dous corpos e catro troneiras, que ten porta de acceso de medio punto, e acolle dúas campás.
O pórtico é pechado con dúas portas laterais que se cubre con tres augas por medio dunha única trabe, lugar do antigo cemiterio.
Despois da nave, que ten coro alto nos pés, faise acceso ó presbiterio por un arco triunfal de medio punto que descansa sobre pilastras, e acolle, á súa vez, un espacio presbiterial á mesma altura có da nave principal.

Posúe dous retablos, o principal é de época neoclásica e acolle ó titular, un san Xoán ; un santo Antonio e outro santo, con folla de palma; mentres có do testeiro sur presenta iconograficamente ó santo Cristo, á Virxe, a san Roque e de novo outra imaxe do titular.
Volta a Arquitectura Relixiosa Volta a parroquias Volta a turismo |
|