foto ponte de Covas no Concello de Baralla
Falta a presentación flash, necesita cargar flash.Enlace para descargar o programa que permite ver o contido.
Turismo PDF Imprimir E-Mail
Ben comunicado por estrada, o Concello de Baralla ofrece ao visitante unha ampla oferta de servizos ao redor da súa paisaxe, as súas xentes, a súa gastronomía e as súas festas.

A natureza outorga todo tipo de posibilidades para o sendeirismo, o cicloturismo, a pesca e para o disfrute da súa paisaxe de montaña, e do seu río principal, o Neira, que o percorre, e que nos regala innumerables recantos de gran beleza.

As igrexas románicas, capelas, pazos, muíños de auga... falan da importancia da súa arte rural e do seu patrimonio etnográfico.

As festas do San Vitorio teñen sona en toda a comarca e garanten diversión durante os días nos que se celebran, ademais algunhas parroquias celebran as súas festas patronais ampliando o calendario festivo.

Si a todo isto lle sumamos a boa acollida das súas xentes e a rica oferta gastronómica baseada en productos naturais, entendemos o importante potencial turístico do noso concello.

Baralla permítelle ao visitante disfrutar dun entorno natural privilexiado que invita a descansar ou a practicar o turismo activo, nunha localidade que lle ofrece tódolos servicios precisos para o disfrute dunha grata estancia entre nosoutros.


Enlace

Image

Image

Image