INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

SITUACIÓN: RÚA IRMÁNS DIAZ MORENO S/N
HORARIO: De 17 a 22 horas de luns a venres. Posibilidade de solicitalo noutros horarios e datas en función da programación.

DESCRICIÓN:
Edificio de dúas plantas onde estaban as antigas escolas, antes da posta en marcha do colexio público no ano 1974. Levouse a cabo unha fonda remodelación para convertelo nun moderno centro sociocultural polivalente.
Tratase dun centro que conta con salón de actos con aforo para aproximadamente 100 persoas, sendo posible aumentar a súa capacidade, servicios en cada unha das plantas, ascensor, aula grande e 3 aulas pequenas, ximnasio, así como dous grandes espacios abertos de usos múltiples.
Neste centro teñen lugar os actos culturais que se levan a cabo no concello, o desenvolvemento de cursos de formación que programe o concello así como outras entidades sen ánimo de lucro, tamén é usado como lugar de ensaio e de impartición de clases pola asociación “Airiños do Neira” que promove o baile e a música tradicional galega.
Modelo de solicitude de reserva do centro sociocultural.
Instalacións Volta a Concello Mercado Gandeiro
Pavillón Polideportivo Centro Sociocultural Campo de Fútbol
|