|
| SORTEOS E VENDA DE PERMISOS DE PESCA EN COUTOS PARA A TEMPADA 2008 NORMATIVA: PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes rematará o 17 de novembro de 2007 ás 14.00 horas. SEGUNDA VENDA DE PERMISOS Unha vez rematada a escolla, os permisos sobrantes e aqueles non retirados nos prazos fixados serán incluídos nun segundo proceso de escolla. Xunto coa notificación dos resultados do sorteo facilitaranse as datas e a horas de comezo e remate da segunda venda. O procedemento de escolla será unicamente a través da páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/, cos mesmos requisitos de acceso que anteriormente. O servizo de reserva pola internet estará dispoñible para todos os participantes no sorteo a partir da data e hora de inicio. VENDA LIBRE Os permisos non escollidos e aqueles non retirados nos prazos fixados serán postos á venda nos servizos provinciais de Conservación da Natureza ata 10 días naturais antes do comezo da tempada en cada couto de pesca. Para a adquisición destes permisos non será preciso ter participado no sorteo IMPRESOS DE SOLICITUDES: Servizo provincial de Conservación da Natureza http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Servizo provincial de Conservación da Natureza ou mediante calquera dos procedementos DE FORMA TELEMÁTICA (INTERNET) https://www.xunta.es:444/pescafluvial/. Para o acceso ao formulario será necesario introducir o número de DNI e mais o da licenza de pesca fluvial, a vixente ou calquera outra de anos anteriores. Para solicitudes en grupo será preciso introducir tanto o número de DNI coma o da licenza da totalidade de participantes. CONSULTA DE SOLICITUDES: As solicitudes admitidas, logo da súa introducción na aplicación informática, poderán ser consultadas na páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/. SORTEO Os sorteos terán lugar nos servizos provinciais de Conservación da Natureza o día 14 de decembro de 2007 ás 12.00 da mañá. RESULTADO SORTEO: Os resultados dos sorteos poderán consultarse na páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/. EXPEDICIÓN PERMISOS No prazo de 10 días naturais, contados desde a data da escolla, os permisos seleccionados deberán ser pagados nunha entidade bancaria e recollidos no servizo provincial. |
![]() |
|