|
|
ANTONIO CORREA FERNÁNDEZ
Licénciase en Santiago de Compostela en 1888 e obtén o grao de doutor ó ano seguinte co traballo Hospitalización de los tísicos o tuberculosos pulmonares (1890) publicada por El Siglo Médico e que constitúe un avance na época.
A maiores dos seus traballos no campo médico nos que sobresaen algúns títulos que nos dan a medida dos seus múltiples intereses: ocupase asemade de temas relacionados coa literatura en Las ciencias médicas en tiempo de D. Miguel de Cervantes (1905) e no folletín La Idea Moderna,La poesía popular en Galicia. Colección de cantares en variedad de metros (1907).
Xa en 1887 adéntrase na narrativa coa novela Los contrastes de la vida publicada por entregas no xornal El Lucense, do que era asiduo colaborador.
Foi o fundador e director do semanario El Monitor: Defensor de los intereses generales y locales de la región oriental de la provincia de Lugo y sus limítrofes que aparece en 1900 en Becerreá para defender os intereses comarcais e só se mantera do 13 de xaneiro ó 17 de decembro dese ano.
En Historia fin de Siglo (1902), traza unha xeografía e historia de Lugo e as biografías dos seus persoeiros por aquel tempo.
O seu perfil é o dun activo home fin de século que compatibiliza as súas fondas crenzas relixiosas co saber científico e incluso ten azos de reformista nas súas empresas: o xornalismo, a posta en marcha do balneario de Guitiriz, o interese polas explotacións mineiras e o ferrocarril, etc. Este caracter entre a tradición e a modernidade, o espíritu da aventura e a reforma deixa a súa pegada en Evaristo Correa Calderón.
Volta a Con Nome Propio |
|