|
| EVARISTO CORREA CALDERÓN - OBRAEn 1917 cando marcha a Madrid colabora na prensa e nas revistas da época de El Sol ou Hoy, nas revistas do ultraísmo -Los Quijotes, Cervantes, Grecia- ou as de arte; La Esfera e La Ilustración Española y Americana. En 1924 comezan as súas colaboracións en El Pueblo Gallego – xornal vigués - onde fará popular as súas seccións «Arar y Cantar» (1925-26) e “los trabajos y los días” (1928) e será redactor xefe os anos 1925 e 1926. Neste ano promove tamén a revista Ronsel. Revista de arte, da que se editaron seis números entre maio e novembro de 1924 e na que publicaron escritores en galego, en castelán e máis en portugués. De volta a Madrid onde colaborará en La Gaceta Literaria de Ernesto Giménez Caballero Vanguardia Gallega. Diario de la Républica nace en Lugo o seis de outubro de 1931 fundado por Evaristo e Juan Antonio Correa Calderón, que asumía asemade a dirección. Desaparece dous anos despois. O xornal lugués, republicano moderado, prestaba especial atención ao ámbito local e ás transformacións políticas, son nesto importantes as entrevistas realizadas por Evaristo ós políticos galegos, sen descoidar o mundo cultural. .- Luar. Contos galaicos (Ferrol, 1923), con portada de Cebreiro na editorial céltiga de Ferrol. Está composta de tres contos: “Romaxe” na que trata unha pelexa entre mozos, “a perdida” no que presenta o tema da filla descarriada e “Gárgolas” no que retrata a festa do San Vitorio en Baralla e do que reproducimos algún fragmento no apartado dedicado ás festas. .- El Milano y La Rosa (Lugo, 1924), novela curta ambientada nun pazo. .- Conceición singela d'o ceo (Santiago de Compostela, 1924), recrea unha Galicia ideal como un ceo ollado por un neno. .- El Arte racial de Suarez Couto (Lugo, 1925), ensaio; .- Notas para un magisterio idealista (Lugo, 1927) .-Margarida a da sorrisa d'aurora (A Coruña, 1927), é un conto de fadas que supón unha das primeiras mostras de literatura infantil en língua galega. .-Ontes, poesía (Lugo, 1928). .- 1929 é o ano de saída do seu “Índice de utopías gallegas”, que recolle artigos os máis deles publicados con anterioridade nas páxinas de El Pueblo Gallego. Pluralidade temática e acenos reformistas caracterizan este libro que é testemuño persoal desa época. Aparecen nestas páxinas, á parte de reflexións sobre o mundo rural ou a vida universitaria, textos de defensa dos seus posicionarnentos no eido cultural (achegamento a Portugal, carácter da nosa literatura, unificación ortográfica, etc.). .- Teoria de la Atlántida (1936) publicado en diversas entregas en Revista de Occidente sendo nesto o primeiro autor galego que logra publicar un estudio nesta publicación. .- 1936, publica o seu primeiro texto de crítica literaria Intuición del romanticismo (Almeria 1936) .- Son abondosas tamén as súas colaboracións na prensa do réxime, destacando as de Arriba, dirixido entre 1939 e 1943 por Euxenio Montes. Aquí afirma a estética fascista en artigos como “El yugo y las flechas en los monumentos de España”, “Invitación al entusiasmo”, “Femán González y su mito”, “Meditación ante el castillo de la Mota” e moitos outros. Asemade publica unha Arte Métrica, nos talleres de Moret en 1938. En Salamanca, xa entrados os corenta dedicase á elaboración de libros de texto para o ensino en colaboración – que manterá moitos anos - con Fernando Lázaro Carreter. Unido á editorial Anaya, e xa en 1958, crea a colección de literatura española e hispanoamericana. En 1944 publica as Obras Completas de Baltasar Gracián (1944) á que lle seguen La leyenda de Fernán González de 1946. Nos cincuenta dedicase á crítica literaria dun xeito máis continuo. De 1950 é o su traballo Los Costumbristas españoles. Esparexendo por revistas e xornais coma o Bulletin Hispanique, Boletín de la Real Academia Española, a Revista de Ideas Estéticas, Arte Español, a Revista de Filología Española, Ínsula, os Papeles de Son Amadans, os Cuadernos de Estudios Gallegos ou o ABC e Escorial, Orientación Gallega e La Noche diversos artigos de crítica literaria e de arte, poesía, narracións, artigos xornalísticos e de humor, etc. Destacan, á marxe do seu estudio do costumismo madrileño, os diversos títu1os consagrados a Gracián: Baltasar Gracián su vida y su obra (1971) .- Preparou as edicións de varias obras do escritor aragonés: Oráculo manual (1968), Agudeza y arte de ingenio (1969), El criticón (1971) e outras. O libro de análise literaria Cómo se comenta un texto literaria,en colaboración con Lázaro Carreter, que logo de ser publicado por Anaya, en 1974 xa acadara once edicións. Continuou tamén publicando narrativa: La noche céltica. Cuentos galaicos (Madrid, 1955), poesía máis circustancialmente e tamén artigos humorísticos publicados no ABC desde 1952: Los instantes festivos (Madrid, 1977). Ampliada aparece en libro, e publicada novamente por Revista de Occidente, a súa Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas (Madrid, 1959). Tamén garda interese a súa Bibliografia de arbitristas, reformadores, y economistas gallegos publicada nos Cuadernos de Estudios Gallegos (Madrid, 1960) donde Inclúe o seu Índice de utopias. No campo do estudio literario, ademais doutras importantes obras, hai que destacar Del mester de clerecía a Valle-Inclán. Nos seus derradeiros anos andou a traballar na súa novela De aquí a la primavera. Novela de la montaña gallega (Sada, 1983). A partir dos anos 30 a súa relación con Galicia limitaríase a algunha colaboración en Cuadernos de Estudios Gallegos e ao emprego da temática galega nas súas obras escritas en castelán. |
|