Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

MARIA ASUNCIÓN CORREA CALDERÓN (FLORISEL)

A Pena 1896 – Lugo 1951.

Escritora. Na adolescencia tivo como preceptor a Antonio Couceiro Freijomil, destinado naqueles anos na Escola Superior Graduada de Lugo. Lectora infatigable entrou en contacto coas vangardas en Madrid a través do seu irmán Evaristo. Casou en 1921 co capitán de intendencia José Bonet Peñalver, pintor e home moi interesado pola cultura. A súa vida transcorreu na Galicia natal, so interrompida por unha estadia en 1932 en Madrid desde onde publicaría Estampas Castellanas.

De 1921 a 1934 e desde esta data ata 1941 en Lugo, con longas tempadas na Pena, pois viúva en 1938 puxo en explotación as súas fincas do Val de Neira de Rei.Santiago foi a nova residencia familiar cando os fillos empezaron os seus estudos universitarios.

A primeira colaboración literaria, un poema en prosa modernista, Cuento azul, viu a luz en 1917, no semanario infantil El Ideal que dirixía en Lugo o seu irmán Antonio. A autora asinou co pseudonimo “Florisel”. Na década de 1930 publicou unha serie de Estampas e contos no xornal Vanguardia Gallega, de Lugo, propiedade da familia.Neses textos amosa unha prosa dinámica, áxil. De 1932 é o conto Mariquita (reimpreso en “La Noche” en 1947 e a breve e fermosa prosa poética dedicada á Coruña “La Ciudad del mar” (1933). Por esta época tamén cultivou a poesía. Durante a guerra civil abandonou a escritura, actividade que retomaría coa reimpresión de Mariquita.

A temática da súa producción ten uns referentes claros: Santiago e o Val de Neira de Rei que tanto amaba, e os campesiños e campesiñas que son obxecto de tratamento literario  dos contos e poemas. Entre os inéditos que conserva a familia hai cadernos de borradores con villancicos, estampas, contos de ambiente rural ( La casa del ahorcado, Abel, Las exequias), poemas (Plaza, Jardines de Monjes, Cementerio, Camposanto, Amanecer, Las Nieves, Ventana Abierta, El Camino) e unha novela inacabada: Sagrario vidas humildes y sencillas.

Volta a Con Nome Propio

 

      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer