Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

CÁNDIDO GONZÁLEZ CANDO

As seguintes referencias sacámolas do pregón dado por Manuel María co gallo das festas do San Vitorio.

Cándido González Cando que naceu en Madrid en 1867, fillo de pais galegos. Morreu en Barcelona en 1916. O seu biógrafo Xerardo F.  López deixou escrito que se fixo médico, profesión que nunca exerceu. Adicándose á literatura e ao xornalismo.

Colaborou nas máis importantes revistas e xornais da súa época. Foi chamado “El poeta de los cantares”. No ano 1892 viviu unha tempada cos seus avós paternos na Casa de Méndez, na Pena, en Neira de Rei. Desta época son os seus poemas en galego, dos que destaca o titulado Neira de Rei, incluído por Carré Aldao, na súa famosa Literatura Galega.

Este poema contén os máis fermosos versos que se lle adicaron a esta terra. É o seguinte:

NEIRA DE REI

Non sei que sería, que tivo ese acerto,
non sei se iste é nome do tempo pasado
nin sei se isto é cousa dun xenio encantado.
¡Ningures mo dicen, de quen perguntei.!
Pero é nome posto cos cinco sentidos:
a terra cuberta de fruitas e froles,
a terra das nenas con cara de soles,
a terra encantada de Neira de Rei.

A nai que me quere naceu  nesta terra
i ó pé dunha eiraxa, cal vellos creentes
descansan os corpos dos meus ascendentes:
¡de alí foi a nena que tanto chorei!

Nos anos primeiros da miña crianza
Correndo sin treguas polos soutos e prados; Vista do Val de Neira de Rei
subindo cerdeiras, saltando valados,
os tempos mellores da vida pasei.

Alí son as nenas xeitosas, garridas,
alí vin as caras máis lindas da terra,
o chao ten os puros prefumes da serra
i a paz dos patriarcas en ela atopei.

Os dolmes dos celtas i os castros dos mouros
ca ponte romana do Mazo, á mamoria
nos tran ós que rastros deixaron na Historia
i aquela terriña tivéronlle lei.
Por ela reñeron, en luitas de morte
legando seus aies ás augas do Neira,
que en tristes queixumes recorre a  Riveira
en canto se aparta de Neira de Rei.

Que ten esta terra non podo sabelo,
que chora ó deixala quen pon os pés nela
i alábana todos que chegan a vela.
¡Que meiga de terra.! ¡Que ten non o sei!

Alí, vendo as augas de fontes e regos
do mundo as tristuras esquezo dorido.
¡E cuadrallo xeito seu nome garrido
a terra fidalga de Neira de Rei.!

Volta a Con Nome Propio   Volta a ruta polo val de Neira de Rei


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer