Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Escudo de BarallaSERVICIOS MUNICIPAIS

Axencia de emprego e desenvolvemento local

A axencia de emprego e desenvolvemento local creouse, no Concello de Baralla, no ano 1999, a través dunha subvención da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. A partir da reestructuración das Consellerías do ano 2005, a parte de financiamento que aporta a Xunta de Galicia, provén da Consellería de Traballo.

Desde a axencia, promovese o desenvolvemento económico baseado nos recursos endóxenos, desde esta perspectiva colaborouse na posta en marcha de proxectos e programas relacionados coa creación de emprego, desenvolvemento local, incremento da actividade empresarial e implantación das medidas activas de emprego da Xunta de Galicia.

SERVICIOS QUE SE PRESTAN:

.- Asesoramento e apoio ás iniciativas empresariais, de autoemprego e de economía social.

A axencia é un servicio técnico de apoio e asesoramento a calquera tipo de iniciativa empresarial que xurda no concello. Colabora na elaboración do proxecto, en facer os estudios de viabilidade precisos, en procurar a forma xurídica máis oportuna, orientar sobre o financiamento, informar e tramitar, no seu caso, as axudas públicas as que pode ter dereito e no acompañamento técnico nos primeiros pasos da posta en marcha.

.- Apoio e dinamización do tecido empresarial.

A través da información sobre liñas de axudas, análise das necesidades de formación dos traballadores, colaboración no fomento do asociacionismo.

.- Información sobre políticas de emprego, formación e inserción.

 A axencia dispón información sobre as distintas medidas de fomento do emprego e de formación que promoven as distintas administracións públicas.

.- Análise e propostas de desenvolvemento do entorno.

Desde a axencia faise un estudio dos recursos infrautilizados, de posibilidades de promoción económica, de posibles iniciativas innovadoras de creación de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.

Se queres máis información sobre medidas de promoción do emprego podes visitar a páxina á que te leva este enlace.

ENDEREZO:

Casa do Concello. Avda. Evaristo Correa Calderón 58. Baralla

Telefóno: 982 36 33 03  |  Fax: 982 36 32 21

Enderezo de correo electrónico:
contacto[arroba]concellodebaralla.org      

Volta a Servizos Municipais   Ir a oficina virtual   Volta a Concello

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer