Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Escudo de BarallaSERVICIOS MUNICIPAIS

SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA

Os Servicios Sociais no Concello de Baralla son o conxunto de recursos creados para atender, da maneira máis próxima e áxil, as necesidades de cada cidadán, grupo deles ou de toda unha comunidade. Constitúen o sistema de protección social que se orienta á prestación de atencións e servicios que posibiliten a mellora da calidade de vida e a participación de persoas e grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, discriminación ou desatención, así como a prevención, e a eliminación das causas que orixinan estas situacións.

O seu obxectivo é mellorar o benestar de todas as persoas e facilitar a súa participación no contorno social en condicións de igualdade.

DESTINATARIOS : 

Toda a poboación de do Municipio de Baralla.

OBXECTIVOS: 

Informar, Orientar e Asesorar.
Analizar a realidade para detectar carencias e necesidades sociais.
Realizar servizos preventivos para toda a poboación.
Dar solucións ante necesidades de tipo individual e colectivo.
Procurar a mellora da autonomía, a integración e a permanencia das persoas no seo familiar.

PROGRAMAS BÁSICOS DE ACCIÓN DESENVOLVIDOS POLOS SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO:

.- Programa de Orientación, Asesoramento e Información.

Ten por obxecto informar á cidadanía sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas especificas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

.- Programa de axuda no fogar.

O servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a poboación. Gozan de prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporcionáselles a posibilidade de continuar no seu contorno natural, mentres isto sexa posible e conveniente.

O devandito programa está regulado pola Ordenanza Municipal do Concello de Baralla de Servizo de Axuda no Fogar.

.- Programa de emerxencia social.

Dende os Servizos Sociais detéctanse situacións de urxencia debido fundamentalmente as novas realidades sociais (inmigración, desemprego de larga duración…) que requiren ser abordadas de xeito rápido e eficaz.

Fundamentalmente situacións de escaseza de medios económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou familias. Con este programa preténdese paliar e se é posible, corrixir estes déficits.

Para información concreta visita o apartado de trámites e impresos.

ENDEREZO:

Casa do Concello. Avda. Evaristo Correa Calderón 58. Baralla

Teléfono: 982363303  |  Fax: 982363221   

Enderezo de correo electrónico:
contacto[arroba]concellodebaralla.org   

Volta a Servizos Municipais   Ir a oficina virtual

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer