Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

PARROQUIAS E XURISDICCIÓN NO ANTIGO RÉXIME

As parroquias e a súa xurisdicción durante o antigo réxime eran as seguintes:

CONDE DE LEMOS: Aranza, Arroxo, Baralla, Berselos, Covas, Ferreiros, Francos, Guimarei, Laxes, Lebruxo, Lexo, San Estevo de Neira, Pol, Pousada, Riba de Neira, Sixirei, Teixeira, Traspena, Vilachambre, Vilar, Vilarpunteiro e Vilartelín.

ENCOMENDA DE SAN XOÁN DE PORTOMARIN: Constantín e Pedrafita de Camporredondo

MARQUES DE MONTAOS: San Martiño de Neira de Rei, San Miguel de Neira de Rei e Penarrubia.

MARQUES DE CASTELAR: Sobrado de Picato, Recesende e Vale

D. JOSEP DE SEIJAS OU SEYXAS E D. PEDRO JOSEPH VALCARCE: Pacios

D. BERNARDO BOADO: Piñeira

A finais do século XVIII, o actual concello de Baralla compoñíase de catro xurisdiccións: Neira de Xusá, Neira de Rei, Pacios de Neira e Picato e tres coutos señoriais: Pedrafita de Camporredondo, Piñeira e Vale.

Volta a Parroquias    Volta a historia

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer