|
| PARROQUIA: ARROXO (SAN XOÁN)
LUGARES: Arroxo, Quintela, Teixeira
EXTENSIÓN: 3,32 km2
POBOACIÓN:
Enlace poboación Arroxo.
IGREXA:
Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.
TOPONIMIA:
Esta parroquia tomou o nome da única aldea que ten, que é Arroxo, e débese poñer na liña etimolóxica de arrugium, plural arrugia, voz que Plinio toma dos indíxenas hispanos, a cal indicaba unha canle artificial para o lavado dos materiais mineiros.
Corominas di que é vocablo hispánico prerromano, do que o primeiro documento é arogium en Asturias, ano 775.
MADOZ:
Clima bastante saudable, casas de poucas comodidades, prados de moi boa calidade, tres muíños fariñeiros e varios menestrais. 20 casas, 22 veciños, 240 almas.
Volta a Parroquias
|
|