Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Escudo de BarallaPARROQUIA: BERSELOS (SAN MARTIÑO)

LUGARES: Berselos, Penouta

EXTENSIÓN: 4,41 km2
Enlace Igrexa de San Martiño de Berselos

POBOACIÓN:

Enlace poboación Berselos.

IGREXA:

Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.

TOPONIMIA: 

Este nome é exclusivamente parroquial, porque non ten unha aldea que se denomine así. A mención máis antiga que constata Nicandro Ares está nun sospeito­so documento de Samos, do ano 997, no que se cita unha aiuntione per Osello e Sanctus Martinus de Peroselo.

En 1010 figura unha Geloira doando ó mosteiro de Samos a vil a de Lagenas (Laxes) indican­do os terminos vetustisimos dela por Covas, villa de Sancta Eolalia (Ri­badeneira), portum de Naria (río Neira) contra Arenza (Aranza) onde lle chaman Carriceto (Carracedo) carrale de Iusana (Carral de baixo), ca­rral de Susana (Carral de riba), ata os terminos de Beroseli. En 1175 unha bula do Papa confirma a xurisdicción de Samos sobre a eccle­siam Sancti Martini de Breselos.

Se fose fiable o nome Peroselo, poderiamos supoñer un antropónimo cristián de carácter hipocorístico e de humildade non constatado *Pero­sellus, co sufixo diminutivo -ellus, engadido ó adxectivo perosus aborre­cido, odiado.

Outro nome persoal semellante sería o xinecónimo Perusi­lla, referido á cidade de Perusia en Italia, coma o antropóni­mo Perusius, os cales nos darían a explicación de Berselos, par­tindo dun antropónimo latino.

Penouta, aldea da parroquia, estará ubicada nunha pinna / penna alta pena alta, é dicir, nun picouto.

MADOZ:

Escribe Verselos, terreo de mediana calidade bañado por insignificantes arroios. 15 casas, 15 veciños, 79 almas.

mapa parroquias San Miguel de Neira de Rei BARALLA Vilarpunteiro PENARRUBIA PIÑEIRA CONSTANTIN ARANZA POL SIXIREI LEXO VALE FRANCOS RIBA DE NEIRA SAN ESTEVO LAXES BERSELOS COVAS POUSADA LEBRUXO VILARTELIN RECESENDE ARROXO FERREIROS TEIXEIRA VILACHAMBRE PEDRAFITA DE CAMPORREDONDO GUIMAREI PACIOS STA CRUZ DE SOBRADO DO PICATO

Volta a Parroquias

 

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer