|
| PARROQUIA: CONSTANTÍN (STA. MARIA)
LUGARES: O Arandedo, Constantín, Gundián

EXTENSIÓN: 5,54 km2
POBOACIÓN:
Enlace poboación Constantín.
IGREXA:
Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.
TOPONIMIA:
Tal é o nome da parroquia e dunha aldea, que se retrotrae ó xenitivo do antropónimo latino Constantinus, diminutivo de Constantius, o cal se formou sobre o participio constans do verbo constare.
Foi parroquia "sanjuanista (Puertomarín)" e menciónase nela o lugar de Arandedo, o cal, co sufixo -etum > -edo, indica abundancia da planta chamada arando, arándano en castelán, palabra de orixe incerta, en opinión de Corominas.
Gundián está tomado do antropónimo Gundila, -anis, referido ó primeiro posuidor deste pobo.
MADOZ:
Clima sano si ben se padecen algunhas afeccións nerviosas e febres inflamatorias, edificio da igrexa que pertenceu aos templarios e que sufriu moitas desmelloras polas tropas francesas, terreo fértil, serve Constantin de punto de tránsito para as tropas e de descanso para a plana maior dos rexementos, muíños fariñeiros, teares para lino e lana, celebra unha concorrida romaría e festa do pais o día 15 de agosto. 42 casas, 46 veciños, 368 almas.
Volta a Parroquias
|
|