PARROQUIA: COVAS (SANTIAGO)
LUGARES: Acivido, Carballal, Covas, A Ponte Covas, Rariz, Sanamede, Santo André, Sudrio, Traspena, Vilasantán
EXTENSIÓN: 7,09 km2

POBOACIÓN:
Enlace poboación Covas.
IGREXA:
Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.
TOPONIMIA:
Acibido, metafonía de Acebedo, é sitio de acebos/acivros, nome formado do lat. vulgar acifolium folla de agulla.
Carballal indica abundancia de carballos, palabra derivada de carba, planta coñecida, de orixe prerromana en opinión de Corominas. G.a de Diego parte dun «ibér. carbaculum roble».
Santiago de Covas noméase así, para distinguila doutras covas, voz do latín vulgar, que se repite como topónimo en Galicia. A esta chamábanlle villam de Cobas en 1128, en 1133 ou arredor de 1160.
Sudrio é posible que veña do nome persoal latino Sutrius, o cal estaba en relación con Sutrium, cidade etrusca.
Traspena ten significado claro e supón unha base trans pinnam / pennam. En 1775 era parroquia de San Mamede de Traspena.
Sanamede foi Sanctus Mammes, nome do balbuceo infantil.
Rariz ten o nome dunha persoa que se chamaría *Rana-ricus, dado que en 1077 menciónase Ranariz e en 1220 consta un casal de Raariz.
Vilasantán debeu ser unha Villa Sentani, é dicir, unha vila coñecida polo nome gótico do seu posuidor Senta(ne). No ano 997 cítase Vilar Sentan , e en 1125 in ripa de Neira villa quam vocitant Villar Santan.
MADOZ:
Por Acibido pasaba un camiño de atallo a unha das vías romanas de Lugo a Astorga, terreo de boa calidade, muíños fariñeiros e teares.
Volta a Parroquias
|