Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Escudo de BarallaPARROQUIA: FRANCOS (SAN SALVADOR)

LUGARES: Francos, San Cibrao, Vilar de Francos
Enlace Igrexa de Vilar de Francos

EXTENSIÓN: 1,63 km2

POBOACIÓN:

Enlace poboación Francos.

IGREXA:

Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.

TOPONIMIA:

En 1120 nomeábase Ecclesiam Sancti Salvatoris de Francos inmediatamente despois de Villam de Labruxio: Villam de Cobas: Villam de Villartelim. Pero en 1133 figura como monasterium e arredor de 1160 o cabido lucense tiña a sexta parte de monasterio de Francos, que se menciona inmediatamente despois de villam de Cobas e antes de medietatem Sancti Salvatoris de Neira e de villam de Villartelin. Como parroquia foi suprimida eclesiasticamente e agregada a Laxes en 1890.

A aldea de Francos, ademais de Vilar de Francos, é nome que pode ser o persoal Francus ou un étnico referido a persoas de alén dos Pirineos ou tamén as que tiñan especiais franquicias nos impos­tos dos reis .

San Cibrao débese á devoción do bispo e mártir Sanctus Cyprianus, que levaba un nome derivado de Cyprios chipriota e relacionado co lat. cuprum cobre, segundo expón Chantraine. En 1755 figuraba como parroquia San Ciprián de Villar, anexa de Francos.

MADOZ:

Clima frío e san, terreo montañoso e de mediana calidade. 4 casas, 6 veciños, 40 almas.No Madoz tamén se cita San Salvador de Vilar de Francos. Clima san e boa ventilación, terreo de mediana calidade, produce castañas.36 casas, 36 veciños, 198 almas.

mapa parroquias San Miguel de Neira de Rei BARALLA Vilarpunteiro PENARRUBIA PIÑEIRA CONSTANTIN ARANZA POL SIXIREI LEXO VALE FRANCOS RIBA DE NEIRA SAN ESTEVO LAXES BERSELOS COVAS POUSADA LEBRUXO VILARTELIN RECESENDE ARROXO FERREIROS TEIXEIRA VILACHAMBRE PEDRAFITA DE CAMPORREDONDO GUIMAREI PACIOS STA CRUZ DE SOBRADO DO PICATO

Volta a Parroquias

 

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer