|
| PARROQUIA: LEXO (SAN XOÁN)
LUGARES: Castro, Lexo, Lexocairo
EXTENSIÓN: 5,06 km2
POBOACIÓN:
Enlace poboación Lexo.
IGREXA:
Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.
TOPONIMIA:
Lexo e Lexucairo son dúas aldeas desta parroquia, a primeira co nome dun posuidor chamado Laegius ou Laedius e a segunda co mesmo pero adxectivado coa voz cairo, de varios significados, procedente quizabes do lat. canarius, coma dente cairo = canino ou relacionado con caer, coma pito cairo cacoso, o que lle caeron as plumas do rabo.
Castro, castrum en latín. A este Castro de Lexo alude posiblemente unha lápida funeraria romana, conservada no Museo Provincial, na que se menciona unha familia orixinaria do C(astro) Laedie(n)s(i).
MADOZ:
Clima frío pero san, terreo de monte con chans de boa calidade, varias e boas fontes, 28 casas, 30 veciños, 156 almas.
Volta a Parroquias
|
|