Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

Escudo de BarallaPARROQUIA: PENARRUBIA (STA. MARÍA)

LUGARES: A Barrosa, Carballedo, Casar de Monín, Castrolanzán, Cernadas, Fonte dos Poios, Papín, A Pena, Penarrubia, A Revolta, Teixeira de Abaixo, Teixeira de Arriba, Val, Veiga.

EXTENSIÓN: 18,80 km2Enlace Igrexa de Santa María de Penarrubia

POBOACIÓN:

Enlace poboación Penarrubia.

IGREXA:

Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.

TOPONIMIA:

A Barrosa pode referirse a unha terra de moito barro, voz de orixe prerromana.

Carballedo leva sufixo -edo, que indica abundancia de carballos, coma Carballal.

Castrolanzán é un composto de castrum lancianum, onde o determinante de castro é un derivado do antropónimo Lancius.

Cernadas parece que alude a terras cineratas, é dicir, reducidas a cinis, cineris cinza, pola queima dos seus torróns.

Fonte dos Poios é unha composición de dúas voces latinas, fons e podium banco, alto onde pousa alguén ou algo.

Papín reflexa o xenitivo latino do antropónimo Papinius, o posuidor daquela vila ou herdade.

A Pena en latín sería pinna e penna no lato tardío.

Penarrubia componse de pinna/penna pena e dun adxectivo que puido ser rupeus, a, um rochosa, máis ben ca rubeus, a, um roiba, vermella, ou propiedade de Ruber ou Rubidus.

A Revolta é un participio do verbo revolvere, que se aplicaría a unha terra cavada e renovada ou a unha vía con algunha contracurva.

Teixeira de Abaixo, T. de Arriba son dous lugares ubicados a distinta altura, que abundaban en taxus teixo (planta ou animal) .

Val reproduce a vallis.

Veiga é unha palabra de discutida etimoloxía. Menéndez Pidal e Corominas supoñen que foi prerromana *vaika / *baika terreo húmido; en cambio, Gª de Diego parte de *vadica terra de paso transitable, derivada de vadum vao.

Casar de Monín foi un casale Munnini.

MADOZ:

12 veciños, 62 almas.

mapa parroquias San Miguel de Neira de Rei BARALLA Vilarpunteiro PENARRUBIA PIÑEIRA CONSTANTIN ARANZA POL SIXIREI LEXO VALE FRANCOS RIBA DE NEIRA SAN ESTEVO LAXES BERSELOS COVAS POUSADA LEBRUXO VILARTELIN RECESENDE ARROXO FERREIROS TEIXEIRA VILACHAMBRE PEDRAFITA DE CAMPORREDONDO GUIMAREI PACIOS STA CRUZ DE SOBRADO DO PICATO

Volta a Parroquias

 

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer