PARROQUIA: SAN MARTIÑO DE NEIRA DE REI (SAN PEDRO)
LUGARES: Airexe, A Condomiña (San Martiño), Matela, Os Mazos, Riosubil, San Martiño, Valados, Vilares, San Bernabel.
EXTENSIÓN: 14,34 Km2

POBOACIÓN:
Enlace poboación San Martiño de Neira de Rei.
IGREXA:
Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.
TOPONIMIA:
Airexe corresponde a un antigo (locus) ecclesiae lugar da igrexa. Pero hai que notar que San Martiño é hoxe un lugar da que foi parroquia de San Pedro de Neira de Rei. Do río Neira hai moitas mencións antigas. A forma máis primitiva sería Naria, Narea, ou Neria, de orixe prerromana. Nun doc. sen data figura Neira de Rege.
Busto é a voz bustum pasteiro de gando vacún, moi frecuente nos docs. medievais do noroeste hispánico, estudiada por Joseph M. Piel.
A Condomiña vén do latín condominium en plural, término xurídico para indicar o dominio en común de algo.
Matela é diminutivo de mata terreo con árbores silvestres, voz orixinada probablemente no latín serodio matta esteira. Aquí hai unha capela adicada a San Xoán.
Os Mazos, máquinas hidráulicas dos ferreiros ou para abatanar as teas en mollado, levan nome do lat. vg. *·mattea.
Riosubil podería ser composto de rivus sibilus río que asubía ou quizabes de Rivus *Sibilii e comparable con Vilasivil.
San Bernabel foi o hebreo Barnaba, sobrenome que os cristiáns lle daban ó apóstolo compañeiro de San Paulo e que significaba fillo da consolación.
San Martiño foi Sanctus Martinus, o de Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que levaban nome teofórico, derivado de Mars, Martis Marte.
Valados provén do latín vallum/vallatum.
Vilares era villaris/are, adxectivo que se substantivou no latín serodio para indicar o recanto dunha vila. Venérase aquí a San Lourenzo nunha capela.
MADOZ:
Clima benigno pero húmido, terreo de moi boa calidade, teares, muíños fariñeiros e dúas ferrerías. 92 veciños, 465 almas.
Volta a Parroquias
|