PARROQUIA: SIXIREI (SAN PEDRO)
LUGARES: Sixirei, Os Vales, Vilarello
EXTENSIÓN: 2,02 km2

POBOACIÓN:
Enlace poboación Sixirei.
IGREXA:
Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.
TOPONIMIA:
A denominación da parroquia provén da súa aldea de Sixirei, que se explica polo antropónimo visigótico Sigeredus en xenitivo.
Vales parece plural, pero quizabes sexa só traducción de vallis en singular.
Vilarello sería un diminutivo de villaris / villare ou quizabes un composto de Villa Arellius, se o comparamos con Vilarelle, topónimo coruñés e lucense.
MADOZ:
Varios mananciais de boa auga, a igrexa está situada nunha fermosa campiña bastante espaciosa e con vistas agradables, é punto de reunión do denominado val de Lejo, para acordar cousas do procomunal. Tres muíños fariñeiros. 21 casas, 21 veciños, 176 almas.
Volta a Parroquias
|