PARROQUIA: SOBRADO DO PICATO (SANTA CRUZ)
LUGARES: Cacabelos, Santa Cruz, Sobrado do Picato

EXTENSIÓN: 4,99 km2
POBOACIÓN:
Enlace poboación Sobrado do Picato.
IGREXA:
Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.
TOPONIMIA:
Este nome exclusivo da parroquia alude á orografía dela, xa que está situada na ladeira dun picouto de 841 m. de altura.
Santa Cruz é o titular da freguesía, que aparece nomeada como Sancta Crux de Pecado/Picato en 1094, 1133 e 1241. Arredor de 1160 noméase Villam Sancte Crucis de Pecado … homines et hereditates de Sobrado et Cacavel.
Sobrado cítase desta forma nos docs. anteriores e procede dun (aedificium) superatum, o que ten unha planta alta.
Cacabelos é un diminutivo de caccabus caldeiro, voz que funciono u tamén como sobrenome persoal Cac(c)abus.
MADOZ:
Clima frío e húmido pero bastante san, varias fontes de boas augas, terreo de boa calidade. 38 veciños, 309 almas.
Volta a Parroquias
|