|
| PARROQUIA: VILARTELÍN (SANTA EUFEMIA)
LUGARES:A Calvela, Carballedo, A Mocha, Santa Marta, Vilanova, Vilartelín
EXTENSIÓN: 5,18 km2

POBOACIÓN:
Enlace poboación Vilartelín.
IGREXA:
Se queres ver a Igrexa da parroquia preme sobre a foto.
TOPONIMIA:
A Mocha parece o feminino de mocho, adxectivo que se aplica ó animal que non ten cornos, debendo telos, as árbores sen pólas, e en xeral a calquera cousa sen punta, o cal viría do lato mutilus, a, um, en opinión de G.a de Diego, ou "quizá sea palabra de creación expresiva" para Corominas que cita un "Domingo Mocho" en doc. de 1234, e Torre Mocha en 1215.
Vilanova é a continuación do lato villa nova.
Vilartelín nomeábase Villartelin en 1133 ou arredor de 1160. Sería Villare *Tellini, supoñendo o antropónimo *Tellinus, partindo de Tellius.
Carballedo leva sufixo -edo, que indica abundancia de carballos, coma Carballal.
Santa Marta foi unha mártir oriental, co nome bíblico Martha, que significa señora. Ten unha capela nesta parroquia.
MADOZ:
Terreo de mala calidade, camiños estreitos, venden o gando na feira de Sobrado. 39 casas, 38 veciños, 198 almas.
Volta a Parroquias
|
|