Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

DIVISIÓN ECLESIÁSTICA

Desde o punto de vista da división eclesiástica, as parroquias do Concello de Baralla pertencen ao arciprestazgo de Neira de Xusá e a diocese de Lugo. Esto último, que pode parecer obvio, non foi así en tódolos tempos.

Cando o Rei Alfonso II O Casto erixiu en Catedral a igrexa de San Salvador de Oviedo, dotouna con terras e comarcas que pertencían á diocese de Lugo, entre elas as terras das dúas Neiras – entre as que se atopaban terreos do que agora é o Concello de Baralla - que deberían pagar o censo canónico á de Oviedo, pero por estar dela moi distantes, recibirían a bendición e réxime episcopal da de Lugo. En compensación concedeu á diocese lucense as cidades de Braga e Ourense indicando que se volvería á situación anterior en canto as cidades nomeadas foran posuídas de novo polos cristiáns.
Ao cabo de máis de douscentos anos foi restituída a Sede de Braga e polo tanto era de esperar que lle foran devoltas á de Lugo as freguesías circunstancialmente unidas á de Oviedo. Non foi así, en 1095 o Papa Urbano II mandou un Rescrito para que se cumprise o estipulado polo monarca , non tivo moito éxito, como tampouco o tiveron os intentos de Pascual II (1110), Calixto II (1123), a disposición do Concilio de Carrión (1130), Eugenio III (1145), non sería ata 1154 cando se estendeu a desexada concordia entre os dous bispados e as dúas Neiras ( de arriba e de abaixo) volveron á diocese de Lugo.

No consello presbiteral diocesano, sesión plenaria do 14-06-1985, deuse conta dunha nova reestructuración dos arciprestazgos da diocese e tamén se propuxo que tódalas parroquias teñan a mesma categoría.

Cando se publicou no boletín do bispado a nova configuración dos arciprestazgos, consignáronse as parroquias por orde alfabético sen distinción algunha de dependencias ou categorías, polo que hai que prescindir das antigas vinculacións matriz-filial, ou principal-anexa.

De acordo co indicado, a división relixiosa do Concello de Baralla queda como segue:

Arciprestazgo de Neira de Xusá:

  • Aranza, Santiago
  • Arrojo, San Juan
  • Baralla, Sta. María Magdalena
  • Camporredondo, San Juan
  • Cobas, Santiago
  • Constantin, Santa María
  • Ferreiros, San Pedro
  • Guimarey, Santo Tomé
  • Lages, San Pedro
  • Lebrujo, Santo Tomé
  • Lejo, San Juan
  • Neira de Rey, San Miguel
  • Pacios, Santa María
  • Penarrubia, Santa María
  • Picato, Santa Cruz
  • Piñeira, El Salvador
  • Pol, Santa María
  • Pousada, Santiago
  • Recesende, San Cirilo
  • San Martín, San Pedro
  • Sigirey, San Pedro
  • Vale, San Jorge
  • Verselos, San Martin
  • Villachambre, Santa Marina
  • Villarpunteiro, Santa María
  • Villartelín, Santa Eufemia.

 

 

Volta a Parroquias

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer