PARROQUIAS
O Concello de Baralla, seguindo o nomenclátor manexado polo instituto galego de estatística, está formado por 30 entidades colectivas de poboación ou parroquias.
.- Poboación das parroquias a 01-01-2008.
· Datos individualizados de cada unha das parroquias.
Para acceder aos datos específicos de cada entidade colectiva de poboación preme sobre o seu nome no listado ou no mapa.
Os datos que se reflicten para cada unha das entidades, fan referencia aos lugares que comprende, a súa extensión, a poboación a xaneiro de 2008, un estudio toponímico publicado por Nicandro Ares no número 5 da revista Lucensia, tamén se fai unha pequena referencia á información que figuraba no Diccionario Geográfico-Estadistico-Histórico de España e as súas posesións de Ultramar elaborado por Pascual Madoz no ano 1846.
Desde esta páxina tamén poderás acceder a:
· Adscrición das parroquias no antigo réxime.
· As parroquias na división eclesiástica. |