Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

ARQUITECTURA POPULAR

O POMBAL

O pombar ou pombal é unha orixinal e coidada peza arquitectónica que serve para o acubillo e cría das pombas.

O pombal construído solidamente manifestase cun corpo único en varios modelos arquitectónicos con formas de volumetría variada.No noso concello encontrámolos cilíndricos e poligonais.

A súa estructura componse de muros herméticos polo exterior caleados ou con boa fábrica de cantería á vista, provista de pequenos buratos para o ir e vir das pombas e dunha porte exterior para acceder ó interior. Os muros, redondeados rematan nun beiril que os circunda, sobre o que se sitúan os ocos das pombas, e logo vén a cuberta con pendente máis ou menos pronunciada.

Pombal en Guimarei

O interior aparece en case todo o perímetro cheo de pequenos cubículos ou casetos para as pombas, chamados normalmente nichos. No centro do espazo adoita haber unha especie de mesa para botarlles o alimento no inverno.

pombal

Volta a arquitectura popular     Volta a patrimonio artístico

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer