Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

ARQUITECTURA CIVIL - PONTES

Ponte de Covas:

Sobre o río Neira, nun camiño local, nas coordenadas 47,475º LN – 6,385º LO.

Ten tres vanos, con luces de 15 – 5,20 e 5,20 metros.

Tratase dunha ponte de sillería e esquisto, alomado, con arcos de medio punto.

Segundo Arias Vila pode ter orixe romana, dela di que " Son moito máis numerosas as pontes que só conservan parte da súa cimentación ou cepos romanos, como a de Lugo […] e quizais ...a de Covas sobre o Neira". Pertencería a un ramal ou atallo da Vía romana XX (foi tamén esta ponte parte dun atallo ou ramal do Camiño Francés a Compostela).

Ponte de Covas

Ponte dos Mazos:

Sobre o río Neira, non antigo camiño de Becerrea a Meira, situado nas coordenadas 47,56º LN – 6,47º LO.

Con un só vano e luces de 11,50 metros.

Ponte de silleria e esquisto, do século XVIII. Alomado e con arco de medio punto.

Amor Meilán ten relacionado esta ponte coa calzada romana, mesmo Pardo de Neyra fala dunha pedra de feitura romana coa inscrición: FACERE IVSIT=AUGUSTUS=IMPER.ANNO C. XII, , pero hoxe considérase unha construcción medieval.

Ponte dos Mazos

Volta a Arquitectura Civil    Volta a patrimonio artístico   Volta a historia  

Volta a turismo

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer