|
| ARQUITECTURA POPULAR - MUIÑO - MUIÑADAEsta era unha reunión nocturna, que a mocidade campesiña adoitaba improvisar no muíño, mentres agardaba a súa quenda na moenda. Polo xeral, a reunión celebrábase nos muíños comunais nos que se moia polo sistema de roldas. Nas esperas xurdían as tradicionais diversións nas que se cantaba, bailábase, contábanse contos e lendas para pasar a noite con Ledicia. Asimesmo, o muíño era o lugar axeitado de reunión, onde os xoves namorados, aproveitando un traballo familiar, acadaban a súa finalidade primordial. E como eran normais os encontros de mozos e mozas a soas na noite, derivando con frecuencia en relacións de tipo sexual, os cregos e os representantes do arcebispado prohibían expresamente que homes e mulleres puidesen coincidir nos muíños, castigando ós que fosen achados culpables con fortes multas cuxo cobro se encomendaba ás autoridades civís e, en casos de reincidencia, incluso coa excomunión.
ADIVIÑAS Máis de mil señoritos Non teño auga Anda e non ten pes Que cousa, cousa é Que cousa cousiña será
REFRÁNS Auga pasada non move muíño. Tanto gana a muiñeira co que moe como co que peneira. Muiñeiro do diaño que a fariña a fai salvado Muíño parado non gana maquía Cada un tira da auga para o seu muíño aínda que deixe seco o do veciño. O crego e o muíño cantando gañan.
CANTIGAS Arredor dos muíños desenvolveuse toda unha cultura e folclore. Nos muíños naceron moitas cancións populares que hoxe por hoxe seguen presentes no noso folclore; como exemplo sirvan as seguintes: Eu non sei que pasou no muíño Na porta daquel muíño, Unha noite no muíño
O muíño xa vai vello O muíño roda, roda, O muíño moe, moe,
Veño de moer morena Veño de moer morena Veño de moer morena
Ó muíño do meu pai
Meu neniño, durme, durme
Fun esta noite ao muíño, |
|