Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

SITUACIÓN

Baralla é un municipio da provincia de Lugo que pertence á comarca dos Ancares.

Limita ó norte cos de Baleira e Castroverde, ó sur co de Láncara, ó leste cos de Baleira e Becerreá e ó oeste cos de Láncara e O Corgo.

A posición xeográfica da súa capitalidade é: latitude 42º53´2 Norte; lonxitude7º 17´7 Oeste.

 

 


Para a súa localización nos mapas, o código xeográfico é o 27.350, o código do Instituto Nacional de Estatística o 27.901:

As follas dos mapas topográficos nacionais (1/50.000) son a 98 e 99, e no mapa 1/25.000, atopase nas follas 98 II e 98 IV.

Ten unha extensión de 141,20 quilómetros cadrados.

A capital municipal é Baralla, que dista 137 quilómetros da capital galega, 31 de Lugo e 11 de Becerreá, 130 de A  Coruña.

Se queres saber como aparece a zona no mapa de satélite de google segue este enlace.

Situación   Como chegar    Información xeográfica 

   Clima   O tempo

 

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer