|
| DEMOGRAFÍADEFINICIÓNSIdade media da poboación: media aritmética das idades dos individuos que compoñen unha poboación. Índice de envellecemento: relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos. Índice de sobreenvellecemento: relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64 anos. Índice de recambio da poboación activa: relación entre a poboación entre 60 e 64 anos e a poboación entre 20 e 24 anos. Mide a capacidade dunha poboación para substituír os individuos que se van xubilando. Índice de dependencia global: relación entre os grupos de poboación economicamente dependentes e o grupo de poboación potencialmente activa. Índice de dependencia xuvenil: relación entre a poboación nova e a poboación potencialmente activa. Taxa bruta de natalidade: número de nacementos por cada 1.000 habitantes. Taxa xeral de fecundidade: número de nacementos por cada 1.000 mulleres en idade fértil. Taxas específicas de fecundidade: cociente entre o número de nacementos dunha determinada cohorte de nais e o total de mulleres nese grupo de idade. Idade media á maternidade: media aritmética das idades ás que as mulleres teñen fillos, ponderada polas taxas específicas de fecundidade de cada grupo de idade. Índice sintético de fecundidade ou número medio de fillos por muller: representa o número esperado de fillos por muller ó longo da súa vida fértil. Obtense como suma das taxas específicas de fecundidade por idade. Taxa bruta de mortalidade: número de defuncións por cada 1.000 habitantes. Taxas específicas de mortalidade: cociente entre o número de defuncións de persoas dun determinado grupo de idade e a poboación total nese grupo de idade. Taxa de mortalidade infantil: defuncións de menores dun ano por cada 1.000 nacidos vivos. Índice de dependencia xuvenil: Volta a demografía |
|