Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

DEMOGRAFÍA

A evolución demográfica do concello de Baralla presenta un cariz negativo, mantendo unha tendencia á perda de poboación, fenómeno extensible a tódolos concellos da comarca e a concellos do interior.

A densidade de poboación no ano 2006 era de  22 hab/km2. (poboación 3.100  habitantes e 141,20 km2 de extensión).

A baixa densidade do concello de baralla explícase polo carácter eminentemente rural do municipio, que igual que os de case toda Galicia perdeu poboación dende 1960.

A situación actual é o resultado dun proceso coas seguintes pautas: unha etapa de crecemento desde principios de século ata 1950, data na que se alcanza o máximo secular con 7.148 habitantes, e outra caracterizada por un forte declive demográfico, como consecuencia da forte emigración, favorecida polas condicións do medio natural de montaña, hostil para a ocupación humana.

Desde entón,  ao saldo migratorio de signo negativo hai que engadir un crecemento natural ou vexetativo tamén negativo, que se traduce nun descenso do 10,30% da poboación no último decenio. A evolución dos indicadores poden verse nas táboas seguintes que por exemplo dan para o ano 2006 un crecemento vexetativo de -54.

A estrutura por idades desta poboación caracterizase polo elevado envellecemento, o 34,60% da poboación ten máis de 65 anos, mentres que só  o 10,80% é menor de 20 anos.

Para coñecer os datos de poboación de cada unha das parroquias podes visitar o seguinte enlace e logo seleccionar a parroquia correspondente.

Se queres máis información podes consultar as seguintes tablas de datos (para consultar as definicións sigue este enlace) :

            Datos desde 1842 a 2006

            Poboación a 1-1-2008

            Poboación segundo sexo e grupos quinquenais de idade.

  

Indicadores de poboación

            Indicadores de mortalidade

            Defuncións segundo sexo e idade.

            Indicadores de fecundidade

            Nacementos, defuncións, saldo vexetativo, matrimonios.

    
        Saldos migratorios.

    Poboación por sexo e grupos de idade de 1998 a 2005





DATOS SOCIOECONÓMICOS     SECTORES ECONÓMICOS

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer