|
| SITUACIÓN SOCIOECONÓMICA
Sector servicios.
Estructura do emprego:
0 primeiro parámetro a analizar dentro da estructura socioeconómica é a taxa de actividade.
Si analizamos o mes de novembro de 2007, o paro afectaba 90 persoas, 10 menores de 25 anos (6 homes e 4 mulleres) e 80 maiores de 25 anos (36 homes e 44 mulleres). Por sectores económicos, no mesmo mes 4 persoas figuraban como demandantes de emprego na agricultura e gandería, 9 na industria, 10 na construcción, 60 no sector servicios e 7 non tiveran emprego anterior.
A estructura do emprego, en concordancia cunha economía baseada fundamentalmente nas actividades agrarias que caracteriza a este concello, amosa un predominio de ocupados na agricultura e gandería, o 43,21% segundo datos do ano 2001 publicados polo INE, sendo os ocupados na industria do 8,52%, na construcción o 9,74 e o 37,93 os traballadores do sector servicios.
Si comparamos estes datos cos do ano 1991, vemos como se reduce a porcentaxe de ocupados na agricultura que era do 62,69% e se incrementa a dos outros sectores, industria era o 7,74%, construcción o 6,66% e servicios o 22,96%.
AGRICULTURA E GANDERÍA:
A base económica do Concello de Baralla encontrase no sector primario. Agricultura e gandería están intimamente unidas: explotacións mixtas que combinan a gandería, a agricultura e a explotación dos recursos forestais.
Polo que se refire ás explotacións agrícolas, nelas conviven o policultivo de autoconsumo (hortalizas, legumes, patacas) e o cultivo de cereais.
A explotación da cabana gandeira intensificouse nos últimos anos, en detrimento do subsector agrario.
No censo de 1999 no concello había censadas un total de 688 explotacións, coas seguintes unidades gandeiras, bovinos 5.883, ovinos 121, caprinos 24, porcinos 1.377 e 42 equinos.
O apartado máis importante constitúeo o dos bovinos que no ano 2003 contaba con 395 explotacións cun total de 7.024 unidades, sendo 5.190 as vacas ( 1.242 de muxidura e 3.948 de non muxidura) e 1.834 outros bovinos. A media de cabezas de gando por explotación é de 17,78.
No mesmo apartado dos bovinos no ano 2005 contaba con 362 explotacións cun total de 7.751 unidades, sendo 4.346 as vacas ( 931 de muxidura e 3.415 de non muxidura) e 3.405 outros bovinos. A media de cabezas de gando por explotación é de 21.5.
Tratase de explotacións familiares nas que en moitos casos, non tódolos membros da familia traballan nelas a tempo completo. Complementase esta dedicación coa realización doutras actividades, na maioría dos casos por conta allea.
Tratase de explotacións familiares nas que en moitos casos, non tódolos membros da familia traballan nelas a tempo completo. Complementase esta dedicación coa realización doutras actividades, na maioría dos casos por conta allea.
Nos últimos anos produciuse unha importante modernización das explotacións gandeiras.
A explotación forestal é un complemento da economía e, relacionada con ela está a industria de transformación (aserradeiro).
Cada vez é máis importante o número de persoas que traballan no sector madeireiro, nalgúns casos son traballadores específicos do sector para os que esta é a única actividade, noutros casos, tratase de persoas que compatibilizan o traballo na súa explotación coa prestación de traballo por conta allea neste sector, tamén é o sector que en maior número emprega man de obra foránea.
No concello existen diversas cooperativas e asociacións de productores relacionadas coa gandería, coa producción ecolóxica e con actividades ligadas ao sector primario.
SITUACIÓN INDUSTRIAL:
O sector industrial está escasamente desenvolvido no municipio. Tan só o 8,52% da poboación se ocupa neste sector.
Do tecido empresarial temos que destacar as dúas empresas dedicas á extracción de áridos, unha de transformación da madeira, de transformados metálicos, unha manufactureira de alimentación, talleres mecánicos e de venda e reparación de maquinaria e vehículos, unha de carrozados, ...
A importancia do subsector da construcción é superior á da industria, pois dá emprego ao 9,74% da poboación activa, e cubre a demanda interna do municipio en canto á renovación e construcción de vivenda nova.
Nos últimos anos aumentou o ritmo de construcción de vivendas no noso concello, levándose a cabo promocións de adosados e de edificios de vivendas, que incrementaron significativamente o número de vivendas dispoñibles.
Dentro deste sector debemos de tratar o papel que xogan as industrias extractivas localizadas no noso Concello.
Desde 1973 desenvolve a súa actividade CANPESA, a empresa con maior número de asalariados do Concello e que xunto aos empregos directos xerados, fomenta outros sectores como poden ser o do transporte – actividade de importancia no municipio.
Máis recentemente instalouse EXCANSA, tamén dedicada á extración de materias primas no Concello.
SITUACIÓN EMPRESARIAL:
Se tomamos datos do IGE referidos ao ano 2006, o número de empresas do municipio era de 192, delas 190 eran microempresas das cales 114 non tiñan empregados e 76 tiñan de 1 a 9 asalariados e só dúas eran pequenas empresas con máis de 10 traballadores.
Segundo datos do INE do ano 2003, o número de empresas do municipio era de 191, delas 189 eran microempresas das cales 112 non tiñan empregados e 77 tiñan de 1 a 9 asalariados e só dúas eran pequenas empresas con máis de 10 traballadores.
Estas empresas distribúense no ano 2003, do seguinte xeito: industria 13, construcción 32, servizos 146, tomando os datos do ano 2006, mantense o número das adicadas á industria, 30 adicanse á construcción e 149 aos servizos.
Segundo a forma xurídica: 164 son persoas físicas, 20 sociedades de responsabilidade limitada, 2 cooperativas e 5 outras formas xurídicas, en base aos datos do 2003, que para o 2006 dan a seguinte distribución: 158 son persoas físicas, 25 sociedades de responsabilidade limitada, 2 cooperativas e 7 outras formas xurídicas.
INDICADORES ECONÓMICOS A NIVEL MUNICIPAL:
Renda familiar dispoñible por habitante: 10.881 euros/ano
Índice de productividade: 86
Índices de participación territorial:
Índice de poboación: 11
Índice industrial: 5
Índice comercial: 8
Índice de restauración e bares: 8
Índice turístico: 3
Índice de actividade económica: 6
Tratase de índices comparativos da importancia de cada un dos epigrafes do municipio referido a 2006.
SECTOR SERVICIOS:
O terciario é o segundo sector económico, despois do agropecuario, en canto á man de obra ocupada (37,93%).
O censo de empresas, tamén amosa a súa maior importancia con respecto á industria e a construcción.
O número de empresas que se dedican ao comercio polo miúdo era de 30 no 2001 e 29 no 2002, sendo o nº de establecementos de 32, esto da unha densidade comercial de 9,76%, cunha superficie de venda media de 79,22 m2.
O atlas socioeconómico de Caixa Nova para Galicia referido a datos do ano 2006, indica para Baralla un total de 26 actividades comerciais – exceptuando as dedicadas á alimentación - cunha superficie total de 7.301 m2
INDICADORES DE CONSUMO:
En canto ó número de teléfonos, indicador do nivel de vida e desenvolvemento do concello, con datos do ano 2006, temos 809 liñas de telefonía básica de uso doméstico e 224 outras liñas o que fai un total de 1.033 teléfonos.
Outro indicador de consumo constitúeo o dato da matriculación de vehículos, que foi de 101 no ano 2006.
Con datos do ano 2006, o parque de vehículos a motor era de 1.479 automóbiles, 331 camións e furgonetas, 46 motos e na categoría de outros (autobuses, tractores...)142 o que fai un total de 2.075 vehículos de motor.
O núcleo de Baralla concentra a maior parte das actividades comerciais e de servicios financeiros e profesionais, así como os equipamentos educativos, sanitarios, administrativos e de esparcemento que cubre a demanda local.
Pódese ampliar información nos seguintes enlaces:
http://agader.xunta.es/atlasempresas/estadisticas-concello_2.jsp?idconcello=27901
http://www.xunta.es/conselle/ag/public/aea2000/fr_76.htm
INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA (FICHA MUNICIPAL DE BARALLA):
http://www.ige.eu/webext/servlet/bdmunicipal?ESP=27901&
PROVINCIA=Lugo&CONCELLO=Baralla
Volta a inicio de indicadores socioeconomicos | Volta a demografía
|
|