Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

TRÁMITE: LICENCIA DE APERTURA ACTIVIDADES CLASIFICADAS E ESPECTÁCULOS PÚBLICOS

DESCRICIÓN:

Están suxeitas á licencia municipal de apertura de actividades clasificadas os establecementos industriais e mercantís cualificados como molestos, insalubres, nocivos e perigosos, así como os locais e recintos destinados a espectáculos públicos ou recreativos.

• Por molestas se entenden as actividades que constitúen unha incomodidade polos ruídos ou vibracións, e tamén polos fumes, gases ou substancias en suspensión que producen.
• Son insalubres as actividades que dan lugar á evacuación de productos que poden ser prexudiciais para a saúde humana, tanto directa coma indirectamente.
• Son nocivas as que, polas mesmas causas que as insalubres, poden causar danos na riqueza agrícola, forestal, pecuaria ou piscícola.
• E son perigosas aquelas nas que se fabrica, manipula, expende ou almacena productos que xeran riscos graves de explosión, combustión ou radiación sobre persoas e bens.

NECESITASE:

Este tipo de licencias teñen un réxime especial e o seu outorgamento realízase conforme á normativa do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas.

Para a súa tramitación necesítase:

.- Solicitude segundo o modelo normalizado.
.- Proxectos técnicos, por triplicado.
.- Fotocopia do DNI.
.- Fotocopia do NIF do titular da actividade (no caso de persoas xurídicas, aportarase o NIF da mesma e o do administrador).
.- Fotocopia de escritura de constitución da sociedade (no caso de persoas xurídicas).
.- Cuestionario de estatística de edificación e vivenda

ONDE SE TRAMITA:

As instancias presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atención ó público: De 8,30 a 14,30 horas de luns a venres.

Rúa Evaristo Correa Calderón 58, 27680 Baralla.

Máis información:

Teléfono: 982 36 33 03 | Fax 982 36 32 21

E-mail: Enderezo electrónico dos servizos administrativos

MODELO SOLICITUDE:

Solicitude actividades clasificadas

Solicitude licencia definitiva

Solicitude de transmisión de licencia

Volver a trámites   Ordenanzas   Impresos   Servicios municipais

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer