Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

TRÁMITE: BONIFICACIÓN DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS HISTÓRICOS (+25 ANOS)

DESCRICIÓN:

É unha bonificación recollida na ordenanza fiscal I.V.T.M. (imposto vehículos de tracción mecánica) deste concello, que supón un 100% de bonificación sobre a cota do imposto de vehículos de tracción mecánica para os vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos contados a partir da data da súa fabricación ou, se esta non se coñecese, tomando como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data no que o correspondente tipo ou variante se deixase de fabricar.

OBRIGADOS AO PAGO:

As persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a nome de quen conste o vehículo no permiso de circulación.

NECESITASE:

Presentar a correspondente solicitude.
Ficha técnica.
Permiso de circulación.
D.N.I. do solicitante.
Permiso de conducción.

ONDE SE TRAMITA:

As solicitudes presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atención ó público: De 8,30 a 14,30 horas de luns a venres.

Rúa Evaristo Correa Calderón 58, 27680 Baralla.

Máis información:

Teléfono: 982 36 33 03 | Fax 982 36 32 21

E-mail: Enderezo electrónico dos servizos administrativos

MODELO SOLICITUDE:

Bonificación IVTM por vehículo histórico

NORMATIVA:

Ordenanza IVTM

Volver a trámites   Ordenanzas   Impresos   Servicios municipais

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer