Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

TRÁMITE: EXENCIÓN DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS POR MINUSVALIDEZ

DESCRICIÓN:

É unha exclusión do pagamento do imposto municipal de circulación de vehículos de tracción mecánica que beneficia a todas aquelas persoas con minusvalías ou discapacidades físicas recoñecidas oficialmente e posúen un vehículo adaptado para a súa conducción ou ben un coche propio de minusválido.

QUEN PODE SOLICITAR:

• Tódalas persoas con minusvalía en grado igual ou superior ao 33%, sempre que os vehículos estén matriculados ao seu nome (para o seu uso exclusivo). A exención aplicarase tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como ós destinados ao seu transporte.
• En calquera caso, tódolos beneficiarios de esta exención non poderán disfrutala por máis dun vehículo simultaneamente.

NECESITASE:

Os interesados terán que instar a súa solicitude, achegando a seguinte documentación:
• Permiso de circulación do vehículo.
• Ficha técnica.
• Certificado de minusvalía expedido polo Inserso.
• Carné de conducir.
• Fotocopia do DNI.

ONDE SE TRAMITA:

As solicitudes presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atención ó público: De 8,30 a 14,30 horas.

Rúa Evaristo Correa Calderón 58, 27680 Baralla.

Máis información:

Teléfono: 982 36 33 03 | Fax 982 36 32 21

E-mail: Enderezo electrónico dos servizos administrativos

MODELO SOLICITUDE:

Solicitude exención IVTM por minusvalidez

NORMATIVA

Ordenanza imposto vehículos de tracción mecánica

Volver a trámites   Ordenanzas   Impresos   Servicios municipais

 

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer