|
| TRÁMITE: LICENCIA OBRAS MAIORESDESCRICIÓN: Calquera acto de edificación e uso do solo está suxeito á previa licencia urbanística, que se outorga de acordo cas previsións da Lexislación e o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Enténdense por “maiores”, as obras que son de nova planta, de ampliación, de reconstrucción, reestructuración e demolición, ademais das intervencións en edificios catalogados. Tamén as parcelacións urbanísticas, os muros de contención, as intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terras. Ademais da instancia subscrita polo promotor, indicando os datos de identificación do mesmo, e o técnico ou técnicos directores da obra, aceptando a dirección das mesmas, deberá presentar a seguinte documentación: ONDE SE TRAMITA: As instancias presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta. Horario de atención ó público: De 8,30 a 14,30 horas de luns a venres. Rúa Evaristo Correa Calderón 58, 27680 Baralla. Máis información: Teléfono: 982 36 33 03 | Fax 982 36 32 21 E-mail: Enderezo electrónico dos servizos administrativos MODELO SOLICITUDE: Solicitude licencia obras maiores NORMATIVA: Ordenanza sobre as construccións. Modificación da ordenanza sobre construccións Volver a trámites | Ordenanzas | Impresos | Servicios municipais |
|