Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

TRÁMITE: SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO REXISTRO DE PARELLAS DE FEITO

DESCRICIÓN:

Rexistro no que se poden inscribir, de xeito totalmente voluntario, as parellas que convivan sen estaren casadas, con independencia da súa orientación sexual.
Inscribiranse as declaracións de unións non matrimoniais entre parella, con independencia da orientación sexual, solicitadas en instancia subscrita polos dous membros da unión e trala declaración formal respecto da existencia da unión realizada en comparecencia persoal e conxunta perante a Secretaría Xeral do Concello.

NECESITASE:

Ser maiores de idade ou menores emancipados, acreditándose coa fotocopia do documento nacional de identidade ou documentos acreditativos da emancipación, de conformidade co establecido no artigo 314 e seguintes do Código Civil.

Non ter sido declarados incapacitados ou estar incursos nas prohibicións recollidas nos artigos 46 e 47 do Código Civil, achegando declaración responsable para tal efecto.

Estar empadroado no Concello de Baralla, que se acreditará mediante certificado de empadroamento que se incorporará de oficio unha vez presentada a solicitude de inscrición e comprobado este dato polo responsable do padrón municipal.

Non estar ligado por vínculo matrimonial ou inscrito como membro doutra unión de feito non cancelada. Acreditarase mediante certificado de fe de vida e estado civil das persoas interesadas e declaración de cada un dos membros da parella de non figurar como membros doutras unións de feito non canceladas.

Non ter parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción, nin ter parentesco en liña colateral por consanguinidade ou adopción ata o segundo grao.

Acreditándose mediante declaración responsable.

ONDE SE TRAMITA:

As solicitudes presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atención ó público: De 8,30 a 14,30 horas de luns a venres.

Rúa Evaristo Correa Calderón 58, 27680 Baralla.

Máis información:

Teléfono: 982 36 33 03 | Fax 982 36 32 21

E-mail: Enderezo electrónico dos servizos administrativos

 

MODELO SOLICITUDE:

Solicitude rexistro parellas de feito

Declaración responsable parellas de feito

Folla inscricion parellas de feito

NORMATIVA:

Ordenanza rexistro parellas de feito

Volver a trámites  |   Ordenanzas  |   Impresos   |  Servicios municipais

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer