|
| TRÁMITE: SOLICITUDE DE USO DO PAVILLÓN MUNICIPALDESCRICIÓN: O pavillón municipal permite a práctica deportiva de fútbol sala, baloncesto, balonmán, tenis, tenis de mesa, ximnasia. QUEN PODE SOLICITAR: Os clubs e particulares que desexen realizar algún dos deportes que permiten as características do pavillón. O seu uso pode levar aparellado custe económico segundo a ordenanza respectiva. Acreditar a actividade a realizar e presentar a correspondente solicitude. ONDE SE TRAMITA: As solicitudes presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta. Horario de atención ó público: De 8,30 a 14,30 horas. Nas oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta. Horario de atención ó público: De 8,30 a 14,30 horas, de luns a venres. Rúa Evaristo Correa Calderón 58, 27680 Baralla. Máis información: Teléfono: 982 36 33 03 | Fax 982 36 32 21 E-mail: Enderezo electrónico dos servizos administrativos MODELO SOLICITUDE: Solicitude uso pavillón municipal. NORMATIVA: |
|