Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

TRÁMITE: TARXETA DE ESTACIONAMENTO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

DESCRICIÓN:

Concederáselle ás  persoas con graves problemas de mobilidade que teñan recoñecida a imposibilibade de uso do transporte público polos equipos de valoraci6n e orientación (EVO), como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso e disfrute dos transportes privados, facilitando o seu estacionamento.

Cando o titular sexa unha persoa física poderá utilizala en calquera vehículo no que se traslade, sexa ou non da súa propiedade, e sexa o titular da tarxeta o conductor do vehículo ou non.
Cardo o titular da tarxeta sexa unha persoa xurídica deberá incluír a/as matriculas dos vehículos habilitados para transporte de persoas con graves problemas de mobilidade.

REQUISITOS:

Solicitude.
Fotocopia compulsada do DNI do solicitante.
Certificado de minusvalía.
Certificado de empadroamento do Padrón de Habitantes.
1 fotografía tamaño carné.

CADUCIDADE E RENOVACIÓN:

Caducarán aos 10 anos da súa concesión no caso de que a cualificación de minusvalidez sexa permanente, e no caso de que esta sexa provisional caducará cando transcorra o prazo que indique. Para a renovación seguirase o mesmo procedemento que para o outorgamento inicial.

ONDE SE TRAMITA:

Servicios Sociais de atención primaria. Casa do Concello, segunda planta. Horario de atención ó público: De 8,30 a 14,30 horas.

Rúa Evaristo Correa Calderón 58, 27680 Baralla.

Máis información:

Teléfono: 982 36 33 03 | Fax 982 36 32 21

E-mail: Enderezo electrónico dos servizos sociais do Concello

MODELO SOLICITUDE:

Solicitude tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade.

NORMATIVA:

Ordenanza reguladora da expedición da tarxeta de accesibilidade.

Volver a trámites   Ordenanzas   Impresos   Servicios municipais

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer