Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

TRÁMITE: CELEBRACIÓN VODAS CIVÍS

DESCRICIÓN:

Dende 1995 (Lei 35/1994, de 23 de decembro), os alcaldes están facultados para autorizar os matrimonios civís. Sen embargo, hai que ter en conta que a tramitación do expediente faise no xulgado, onde se entrega o certificado necesario para presentalo posteriormente no Concello. Cando se solicite é necesario indicar que a voda vaise celebrar no Concello.

Existen dous tipos de celebración:

• Cerimonial, no Salón de Actos da Casa Consistorial.
• No despacho da Alcaldía.

NECESITASE:

• Fixar día e hora, de acordo coa Alcaldía.
• Certificación do xuíz autorizando o matrimonio civil.
• Fotocopia dos carnés de identidade das dúas testemuñas que van estar presentes na cerimonia no Concello.

Advertencia:

• A celebración da voda na casa consistorial é gratuíta e, polo tanto, non supón o pago de ningunha taxa. Sen embargo, calquera gasto extraordinario (música, flores, etcétera) será por conta dos contraentes.

PÓDESE CELEBRAR:

Calquera día do ano, de acordo coa alcaldía. 

ONDE SE TRAMITA:

Nas oficinas municipais, Casa do Concello, segunda planta. Horario de atención ó público: De 8,30 a 14,30 horas, de luns a venres.

Rúa Evaristo Correa Calderón 58, 27680 Baralla.

Máis información:

Teléfono: 982 36 33 03 | Fax 982 36 32 21

E-mail: Enderezo electrónico dos servizos administrativos
 
MODELO SOLICITUDE:

Solicitude celebración matrimonio civil.

Volver a trámites  |   Ordenanzas  |   Impresos   |  Servicios municipais

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer