Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

BARALLA - ARROXO - LAMAS - RECESENDE - VILARTELIN - BARALLA

Distancia: aprox. 30 km.

Desde a praza de Baralla, pasamos por diante da Casa do Concello, no cruce collemos á dereita – imos por unha rúa de recente construcción con carballos á esquerda – no seguinte cruce collemos á esquerda.

Estamos na estrada que vai ao Páramo. estrada de pouco tráfico e que nos mostra unha fermosa paisaxe.

Chegamos a Escobio. Desde este pobo podemos facer un bonito paseo ata a beira do río Neira.

De novo na estrada, un pouco máis adiante – case baixo a ponte da autovía – está a capela do Santo Cristo.Á esquerda hai unha baixada que da a un vello muíño. Pegado ao muiño sae un sendeiro que nos leva ata Villachambre.

Desde a igrexa de Arroxo (está nun alto á dereita), temos unhas bonitas vistas da vila de Baralla.

De volta á estrada , levamos á esquerda o regato de Guimarei, vemos un antigo muíño.

Pasamos o pobo de Teixeira e desviándonos á esquerda chegamos a Villachambre, cara ao pobo e de novo á esquerda temos un vello muíño e a igrexa. Ata aquí chega o sendeiro que puidemos coller ao lado do muíño fronte ao Santo Cristo.

Continuamos camiño e chegamos a Guimarei, a súa igrexa está á esquerda ao lado do Pazo de Airexe.

De novo na estrada seguimos ata internarnos en terreos de Castroverde, ata un desvío á esquerda cara a Mazaille.

Seguimos esta nova estrada, pasamos por Mazaille e continuamos en dirección Lamas, os outros desvíos lévannos a A Mocha e Pacios (igrexa con atrio interesante e aquí está tamén o Pazo de Espiña ).

En Lamas temos a capela de San Roque e un bo exemplar de pombal.

Seguindo a estrada do rego pequeno vemos á dereita tres muíños case pegados que compoñen unha fermosa paisaxe.

Chegamos á estrada N VI ao seu paso por Sobrado do Picato, neste pobo hai unha área recreativa, unha fermosa carballeira e sitios onde tomar algo para repoñer forzas. Podemos regresar a Baralla ou alongar a visita.

Podemos facer máis longa a visita de dúas maneiras:

            1 .- Vía Recesende, Lebruxo, Covas. (máis longo)
            2 .- Vía Vilartelín, Vilanova, Santa Marta, San Xusto, Basille, Pousada.

1.- Si nos decidimos pola primeira vía, desde Sobrado collemos dirección Recesende, pasamos por Santa Cruz coa súa Capela.

Siguimos cara a Recesende, pobo do que Evaristo Correa Calderón di nun relato que de seis casas, catro eran de fidalgos. Pobo con casas de pedra formando un núcleo pechado. Igrexa á dereita antes de chegara o pobo.

Desde aqui collemos dirección Lebruxo, vemos a Igrexa nun castro. Para facer o recorrido ata Baralla utilizamos como guía a ruta de Baralla ata Ponte de Covas – facemos este mesmo camiño en sentido contrario.

2.- Si decidimos facer un recorrido un pouco máis corto, seguimos a estrada N VI en dirección a Baralla, na Mocha, collemos dirección Vilartelín, neste pobo imos á dereita cara a Vilanova (temos á dereita a casa grande).

Para seguir esta ruta temos que coller en Vilanova á esquerda, chegamos a Santa Marta, seguimos a estrada desde a que vemos a capela á dereita.

Volvemos uns poucos metros atrás e collemos cara a San Xusto, fermosas paisaxes, de alí a Basille onde está a casa torre.

Chegamos á estrada que une Baralla con Láncara. Á dereita volvemos a Baralla. De fronte, pasando por diante da casa Farexe chegamos a igrexa sobre un castro e ao lado da casa do Pacio.

Volvemos a Baralla pasando por San Estevo (capela con pinturas e pía bautismal de interese).

Volta a turismo  |   Volta a rutas 

  Volta a patrimonio artístico

 

capela de santa marta

camin en Arroxo

muiño en Lamas

souto

Rio Neira

paisaxe en outono

palomar en basille

igrexa de arroxo

Teixeira vista desde Quintela

enlace con mapa da ruta

Preme sobre o mapa
para velo en grande

 

 

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer